Blog Radio Taxi Coruña

Lembrámonos dos nosos maiores!!

Lembrámonos dos nosos maiores!!

Neste Nadal lembrámonos dos nosos maiores, aos que no día a día recollemos nas súas casas ou nas residencias e levamos ás súas visitas médicas ou a visitar ás súas netas e netos... Necesítannos e nós a eles. Son, que duda cabe, os nosos mellores e máis estimados clientes.

Por iso,este ano queremos agasallalos cunha tarde que sexa especial para eles.
O martes 10 de Nadal unha caravana de "RadioTaxis" recollerémolos ás 18:00 horas na residencia Padre Rubinos e coa colaboración da Policía Local,que nos acompañará e irá abrindo paso.
Levarémolos a facer un percorrido por diferentes puntos da nosa cidade para que poidan ollar e disfrutar do alumeamemto de Nadal que adorna as nosas barriadas e o centro de A Coruña,nun traxecto dende a barriada de Labañou ata Porta Real,pasando por Juan Flórez, Catro Camiños,Linares Rivas,Obelisco e A Marina. Alí faremos unha parada de xeito que poidan sacar unha foto na "Bola", como todas as coruñesas e coruñeses faremos nestas festas.

Convidámovos a acompañarnos nalgún intre deste percorrido na que será unha tarde entrañable para as nosas avoas e avós.
Ben merecido o teñen!

Comentarios
Comenta esta noticia



Recordar información personal

Avisarme si algún usuario comenta este blog